O goberno de Vigo aproba subvencións para catro clubs deportivos por valor de 415.000 euros
A Xunta de Goberno aprobou hoxe subvencións para equipos deportivos de elite cun importe de 415.00 euros.

O alcalde avanzou este venres que o goberno municipal deu este venres o visto e prace a unha batería de catro axudas para apoiar a actividade doutros tantos equipos da cidade.
O Club Deportivo Bosco contará con 170.000 euros. A estes sumaranse outros 160.000 euros para o Coruxo Club de Fútbol; 60.000 para o Club Vigo Voleivol e 25.000 para o Club Ciclista Rías Baixas. Os dous últimos recibirán do Concello 5.000 euros máis que o ano pasado.
Coral Casablanca
O goberno municipal tamén acordou hoxe conceder á Fundación Coral Casablanca unha subvención de 42.500 euros.
Caballero apuntou que, con esta axuda, o Concello contribúe a financiar 9 programas de concertos anuais, así como os 190 ensaios que realizan todas as agrupacións da coral, ademais da fomentar a divulgación da música.
O Concello destina cerca de euros a promocionar a actividade das formacións musicais da cidade, segundo lembrou.