Escoitar

O Alcalde asina o convenio de remodelación do colexio Doutor Fleming

O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, asinou hoxe o convenio de colaboración coa Consellería de Educación para a execución das obras de construcción do centro público de Educación Primaria "Doutor Fleming". O documento, segundo o cal o Concello cederá Consellería unha parcela lindante co solar do colexio, permitirá o inicio das obras de remodelación do edificio, un dos colexios con máis alumnado de Vigo e un referente no ensino público na cidade pola súa localización e tradición.

venres, 31 out 2003
1067611237fleming.jpg
Sinatura convenio
Acompañado polo secretario xeral de Educación e Ordenación Universitaria, Néstor Varcárcel¸ o director do colexio, Fernando Liz, e o concelleiro de Educación, Xulio Calviño, Pérez Mariño agradeceu aos profesores do centro e aos pais dos alumnos a súa colaboración para proceder a acometer estas reformas. Nestes momentos, os alumnos deste centro continúan as súas clases no Virxe do Rocío, e o Goberno municipal espera que se cumpran os prazos planificados pola Consellería, de xeito que o curso que ven os alumnos poidan recuperar as súas aulas.

Esta remodelación, cuias obras serán adxudicadas de xeito inmediato, é unha vella reivindicación cidadá e municipal que comezou a concretarse no mes de novembro de 2002, cando o Pleno da Corporación acordou a posta a disposición da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do solar.
Descargar todas as imaxes