Escoitar

Vigo recibirá no pavillón das Travesas á Selección Española de Baloncesto Femenino

As xogadoras nacionais enfrontaranse ás seleccións de Turquía e China o 21 e 23 de xuño, respectivamente. A Federación Española de Baloncesto pon á venda as entradas para os encontros que se disputarán no pavillón das Travesas. Vigo volverá a ser sede do evento Plaza 3x3 ao que xa poden inscribirse os clubs da cidade.

martes, 23 abr 2024

A Selección Feminina, liderada por Miguel Méndez, arrincará a súa xira de preparación para os Xogos Olímpicos deste verán en Vigo a mediados de xuño. Unha cidade que repite por segundo verán consecutivo e na que se celebrará un triangular contra Turquía e China, rival ao que tamén se enfrontará en París 2024, do 21 ao 23 de xuño no pavillón das Travesas.

O torneo está composto dos seguintes partidos: venres 21 de xuño: España vs Turquía, sábado 22 de xuño: China vs Turquía e Domingo 23 de xuño: España vs China. As entradas xa están dispoñibles na web da Federación Española de Baloncesto.

Plaza 3x3

Amais, o alcalde anunciou que Vigo volverá ser sede do Plaza 3x3 de Baloncesto, que repetirá na escenario na Praza de Vialia. O torneo desenvolverase o 22 de xuño e contará en exclusividade, fronte ás outras cidades de España, coa visita da Selección Española de Baloncesto Femenino. Os equipos interesados poden inscribirse na web www.3x3.feb.es.

Descargar todas as imaxes