Escoitar

Aberta a reserva no 010 para visitar o Pazo Quiñones de León no "Día Europeo dos Xardíns Históricos"

O Concello de Vigo celebrará o vindeiro venres 26 de abril o "Día Europeo dos Xardíns Históricos" con visitas guiadas os do Pazo Quiñones de León. As persoas interesadas poden reservar unha praza a través do servizo municipal 010.

xoves, 18 abr 2024

O Concello de Vigo súmase, por segundo ano, a celebración do "Día Europeo dos Xardíns Históricos" cunha xornada de portas abertas do Pazo de Castrelos. Están organizadas un total de 8 quendas, desde as 10 da mañá ás 14.00 horas e de 16 a 20.00 horas, cun máximo de 25 participantes por cada horario.

As visitas os xardíns realizaranse baixo as directrices dos guías que explicarán a historia e as peculiaridades dos xardíns históricos do Pazo Quiñones de León. O conxunto paisaxístico do pazo vigués está incluído no roteiro europeo de xardíns históricos a proposta do Consello de Europa.

Os roteiros guiados terán unha duración dunha hora. Para participar os interesados deben anotarse a través do servizo municipal do 010.

Descargar todas as imaxes