Escoitar

O Concello promove 27 vivendas en Esturáns que estarán rematadas en xullo de 2026

O alcalde achegouse esta mañá á parcela municipal de Esturáns na que se vai construír un edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro social. O Concello xa está redactando o proxecto e as vivendas estarán rematadas en xullo de 2026.

luns, 15 abr 2024

A Xerencia de Urbanismo convocará un concurso público para a adxudicación e construción de dereito de superficie sobre a parcela municipal de Esturáns co obxectivo de construír e xestionar vivendas protexidas por un período de 50 anos. Abel Caballero e María Xosé Caride visitaron esta mañá, xunto cos arquitectos, a parcela na que se van construír 27 vivendas en réxime de alugueiro que terán que estar rematadas en xullo de 2026.

Tal e como explicou o alcalde, a empresa que resulte adxudicataria será a beneficiaria da achegas de 1,2 millóns de euros que lle concederon ao Concello procedentes de fondos europeos dentro do Programa de axudas á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes dentro do Plan de Recuperación NextGenerationEU.

O Real Decreto polo que se outorgan fondos europeos recomenda optar por esta fórmula de colaboración público-privada, que é a primeira vez que implementa o Concello. Adicionalmente, engadiu, o goberno local está redactando o proxecto básico para este edificio enerxeticamente eficiente.

Descargar todas as imaxes