Escoitar

O goberno local promove a construción de 27 vivendas de alugueiro social en Esturáns

Vigo contará en Esturáns cun edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro. O Concello sacará a concurso a construción de dereito de superficie sobre unha parcela municipal co obxectivo de que xestione esta iniciativa durante 50 anos.

martes, 9 abr 2024

A Xerencia de Urbanismo convocará un concurso público para a adxudicación e construción de dereito de superficie sobre a parcela municipal de Esturáns co obxectivo de construír e xestionar vivendas protexidas por un período de 50 anos. Tal e como explicou o rexedor, construiranse 27 vivendas en réxime de alugueiro que terán que estar rematadas en xullo de 2026.

A empresa que resulte adxudicataria será a beneficiaria da achegas de 1,2 millóns de euros que lle concederon ao Concello procedentes de fondos europeos dentro do Programa de axudas á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes dentro do Plan de Recuperación NextGenerationEU.

O Real Decreto polo que se outorgan fondos europeos recomenda optar por esta fórmula de colaboración público-privada, que é a primeira vez que implementa o Concello. Adicionalmente, engadiu, o goberno local está redactando o proxecto básico para este edificio enerxeticamente eficiente.

Descargar todas as imaxes