Escoitar

Integrantes da Asociación de Persoas Xordas de Vigo achéganse á arte urbana da cidade

O grupo de voluntariado cultural do Concello organizou este venres un percorrido inclusivo polos diferentes murais que conforman o programa municipal de arte urbana que suma máis de 177 obras repartidas por toda a cidade.

venres, 12 xan 2024

A ruta guiada polos espazos do programa “Vigo, cidade de cor” desenvolveuse en colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Vigo, ASORVIGO, co fin de que as persoas integrantes da entidade poidan achegarse á arte urbana, coñecer os artistas locais e internacionais que forman parte do proxecto e o impacto que está tendo na urbe.

O percorrido comezou no cruzamento de Peniche e percorreu diferentes murais de arte urbana da man de especialistas en lingua de signos, compartindo unha xornada enriquecedora para todos.

O Concello conta nestes momentos con máis de 700 voluntarios que dedican o seu tempo ao traballo no ámbito social, cultural ou deportivo.

Descargar todas as imaxes