Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 09 de outubro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A Policía Local inicia actividades de educación viaria para o alumnado vigués de Primaria

O equipo de educación viaria da Policía Local de Vigo ofrecerá a partir de mañá actividades destinadas ao alumnado de 5ª de Primaria co obxectivo de axudar a visualizar de forma critica o comportamento da cidadanía nas rúas.

O equipo de educación viaria da Policía Local iniciará este xoves actividades con alumnado de 5ª de Primaria dos centros educativos co obxectivo de axudar a nenos, profesorado e cidadanía a "visualizar criticamente o comportamento que temos na rúa e entender por que unhas persoas cumpren as regras e outras non".

Segundo explicou Abel Caballero en rolda de prensa, os pequenos van analizar axudados polos educadores as condutas de peóns nos cruces de rúas, de condutores en pasos de peóns, buscar que motiva ás persoas a cruzar con seguridade e adestrar o cruce de pasos de forma segura. O punto de encontro para o inicio da actividade será Camelias, á altura do Concello.

Alumnado, profesores e policías farán un percorrido a pe pola zona tomando datos da observación do comportamento, podendo facer entrevistas aos peóns seguros e recibindo instrucións para cruzar de modo seguro. A continuación regresan á aula de formación da Policía Local para analizar os datos.

Os centros que participarán na actividade serán o CEIP Eduardo Pondal, CEIP Chans Bembrive, CPR Possumus, CEIP Santa Mariña, CEIP Sárdoma-Moledo, CEIP Coutada Beade, CPR Divino Salvador, CEIP Carballal-Cabral, CPR San José de Cluny, CEIP Mosteiro Bembrive, CEIP Otero Pedrayo, CER Andersen, CEIP VALLE Inclán, CPR Rosalía de Castro, CEIP O pombal, CEPR Bouza Brey, CEIP Párroco don Camilo, CEIP Lope de Vega, CEIP Javier Sensat, CEP Igrexa Valladares e CPR Atlántida.
Mais noticias
O alcalde anima a afrontar o Brexit buscando aliados económicos no Reino Unido
O Concello organiza "Co-educa", dúas xornadas sobre a prevención da violencia de xénero
O goberno local coopera cun proxecto solidario para combater a anemia infantil en Perú
Caballero anima a participar na VII Carreira contra o cancro o domingo 20 de outubro
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003