Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 28 de xuño de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello promove durante o verán actuacións de corais e bandas por toda a cidade

"Vigo, un Mar de Bandas" e "Vigo, un Mar de Corais" encherán de música todos os recunchos da cidade nos próximos días con corenta corais e nove bandas. Estes festivais, apuntou o concelleiro de Cultura, "axuda a construír un proxecto común de cidade, converténdose nunha ferramenta para construír convivencia".




Un Mar de Bandas


Un Mar de Corais


O concelleiro de Cultura, Abel Losada, participou esta mañá na presentación dos festivais "Vigo, un Mar de Bandas" e "Vigo, un Mar de Corais", que se desenvolverán nos próximos días en Vigo. Acompañado por Enrique Lorenzo, responsable de ACOPOVI e Federación de Bandas de Música Populares de Vigo, Losada eloxiou a capacidade destes eventos para "implicar a gran parte da cidadanía". Rúas, museos, parroquias, centro, todo tipo de espazos públicos acollerán a música das 9 bandas de música e 40 corais que temos na cidade. O edil de Cultura felicitou á organización dun evento que vai máis alá da cultura porque "axuda a construír un proxecto común de cidade, converténdose nunha ferramenta para construír convivencia, ademais de cohesión territorial e social.
Mais noticias
O alcalde clausura o campamento multideportivo de Coruxo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003