Exposición de serigrafía galega
A Casa das Artes acolle do 29 de decembro ao 8 de febreiro a exposición "Tintas Galegas" sobre a "serigrafía gallega" de Álvaro Álvarez Blázquez e que inaugura esta tarde o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves.
O desenvolvemento do sistema de serigrafía, con poucos precedentes industriais en España, apenas un obradoiro de calcomanía en Asturias, anima a Álvaro a perfeccionar a súa técnica, para o que viaxa en varias ocasións a París e Barcelona, e montar o seu primeiro obradoiro profesional, que denominará "Serigrafía Gallega", nun local da viguesa rúa da Farperra 33.
Descargar todas as imaxes