Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 08 de outubro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello abre o venres o macroparque infantil de Jenaro de la Fuente tras investir 400.000€

O novo espazo conta con 1.500 metros cadrados en dúas alturas, cunha mega estrutura de aeronave espacial. A apertura do parque, situado a carón do instituto do Calvario, será o vindeiro venres, 11 de outubro, ás 18:00 horas.

O Concello de Vigo abrirá este venres, 11 de outubro, ás 18:00 horas o novo macroparque infantil de Jenaro de la Fuente, situado a carón do instituto do Calvario, no que o goberno municipal investiu 440.000 euros.

O espazo conta con 1.500 m² e ten dúas alturas: a zona superior con xogos para nenos máis pequenos e a inferior, para os maiores. O parque dispón dunha mega estrutura de aeronave espacial con dous tobogáns e trepas, unha "tirolina" de 25 metros, paneis de xogos, columpios, xogo xiratorio, trepas tridimensionais, "rocódromo" xigante, xogos de equilibrio, paneis de texturas, montaña máxica e camas saltadoras.

O parque está dotado de xogos inclusivos, dous bebedeiros, papeleiras e novo arborado. O solo é de caucho amortecido de cores e temática espacial, ten nova iluminación LED e murais a cargo da artista viguesa Iria Blanco. Conta tamén cunha zona de estar con cargador solar para móbiles e mesa en materiais reciclados.

O Concello xa abriu o pasado mes de setembro o macroparque de Maruja Mallo, tamén no barrio do Calvario, tras un investimento de 400.00 euros. Ademais, xa está rematado e funcionando o de Navia (1,1 millóns de euros), o de Venezuela, cun importe de 766.000 euros, e o de Pedro Alvarado, que tivo un importe de 500.000 euros. Ademais, o goberno municipal ampliou os macroparques de Independencia, Barreiro e Bouzas por 200.000 euros cada un.
Mais noticias
O Pleno de Vigo aproba a modificación puntual do Plan Xeral para reordenar o Barrio do Cura
O goberno local contrata a mellora da accesibilidade das páxinas web municipais
O alcalde anima á participación solidaria na Carreira Correpasillos contra a Meninxite


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003