Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 10 de outubro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello construirá unha nova praza na confluencia de Sanjurjo Badía coas rúas Nardos e Santander

O alcalde presentou esta mañá aos comerciantes de Teis a nova praza que se vai construír na confluencia de Sanjurjo Badía coa rúas Nardos e Santander. Tal e como indicou en posterior rolda de prensa o orzamento desta nova zona de encontro cidadá elévase aos 600.000 euros e a previsión é que estea rematada nun ano.




O rexedor avanzou hoxe martes a construción dunha nova praza en Teis, na confluencia de Sanjurjo Badía coas rúas Nardos e Santander, un entorno que xa está humanizado en grande parte pero que precisaba dunha zona de encontro cidadá que incluirá zonas verdes, zonas con auga, así como espazos de ocio. Deste xeito, explicou, converteremos unha zona de aparcamento "horrible" nun novo lugar de encontro moi preto do Colexio Apóstol e do Mercado.
Mais noticias
As XXIV Xornadas de Filosofía, impulsadas polo Concello, analizarán a medicina desde o prisma filosófico
O goberno de Vigo cooperará con 30.000 euros co proxecto humanitario de ACNUR en Iraq
O alcalde anima á participación o domingo 22 de outubro na V edición de Vigo contra o cancro
Caballero defende no Día Mundial da Saúde Mental o dereito ao traballo das persoas con capacidades diferentes
O rexedor di que a Semana do Atlántico de vela "coloca a Vigo no lugar que lle corresponde"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003