Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 19 de maio de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo apoia con 85.000 euros os programas sociais de catro asociacións

O alcalde de Vigo asinou este venres sendos convenios de colaboración do ámbito de Políticas de Benestar, para respaldar os programas sociais da Asociación Española contra o Cancro, Alborada, Menela e da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.




En virtude dos convenios asinados, Abel Caballero explicou que o goberno que preside destina 7.000 euros á Asociación Española contra o Cancro para a execución na cidade dun programa de atención psicosocial para os enfermos e os seus familiares. O Concello dirixe outros 10.000 euros para que a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga – Alborada leve adiante a súa iniciativa "Verdear", de incorporación social en agricultura, a través de hortos urbanos. Ademais, o alcalde informou que os 8.000 euros para a Fundación Menela posibilitarán o seu programa de respiro familiar.

Por último, o goberno de Vigo destina 60.000 euros á Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui para o seu proxecto de acollida familiar temporal "Vacacións en Paz". Caballero puxo en valor que o Concello practicamente duplica a cifra asignada anteriormente e coa cal a entidade paga integramente as viaxes dos aproximadamente setenta nenos e nenas saharauis que pasan o verán con familias viguesas. "Queremos que ningún neno e nena saharaui se quede sen as súas vacacións en paz", concluíu.

Cemiterios
Por outro lado, o Concello de Vigo está executando obras no cemiterio de Teis por valor total de 40.000 euros, tal e como informou en rolda de prensa Abel Caballero. O alcalde tamén avanzou que está previsto sacar a concurso 180 cinceiros por un importe de 80.000 euros. Existe unha "gran demanda", apuntou Caballero, quee aclarou que 120 cinceiros serán para Pereiró e os 60 restantes, para o cemiterio de Teis.

Xunta de Goberno Local
Caballero trasladou asemade algúns dos puntos abordados polo goberno local na súa última reunión, como a adxudicación da vixilancia nos Oficias Municipais de Distrito do Casco Vello, Saiáns, Coruxo e Teis, un contrato por catro anos ao que o Concello destina algo máis de 250.000 euros.

En segundo lugar, o goberno de Vigo acordou adxudicar a xestión da escola infantil municipal de Santa Marta polos próximos catro anos. A administración local adica ao efecto 750.000 euros, para unha das oito escolas infantís das que dispón o Concello, cun total de 620 prazas ofertadas. Neste apartado, Abel Caballero volveu instar á Xunta de Galicia a rebaixar á metade os seus prezos, pois o máximo a abonar polas familias con praza nas escolas de titularidade autonómica é 243 euros, o dobre dos 124 euros de tope nas do Concello.

O último dos asuntos dos que deu conta o rexedor vigués foi a aprobación do convenio coa Asociación Cultural Interfolc, para a organización do XXIII Festival Folclórico Internacional. O Concello sufraga o evento con 63.000 euros, ademais de custear a cartelería.

Mais noticias
O Concello oferta 25.256 prazas en campamentos e actividades de ocio para o verán
O alcalde esixe á Xunta que cumpra o compromiso de custear un bus directo ao aeroporto
ÁREA DE EMPREGO
CONCELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
"SUBVENCIÓNS DA CONCELLERÍA DE IGUALDADE
Política de Social
Médidas de tráfico por obras


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003