Escoitar

O Concello adicou 300.000 euros á realización de melloras de accesibilidade en 21 colexios

O alcalde deu conta esta mañá das obras de accesibilidade que o Concello acometeu este ano en 21 centros educativos da cidade. O goberno local tamén deu luz verde a unha subvención de 10.000 euros para a Coral Casablanca.

venres, 18 dec 2015
O Concello realizou obras de accesibilidade en 21 centros educativos da cidade, por valor de 300.000 euros. Tal e como detallou en rolda de prensa Abel Caballero, a Xunta de Goberno local aprobou a certificación final destes traballos que se realizaron nos seguintes colexios: Illas Cíes, A Doblada, Párroco don Camilo, Carrasqueira, Pardo Bazán, Otero Pedraio, Lope de Vega, Santa Tegra, Frián, Sobreira, Igrexa Valladares, García Barbón, Balaídos, Coutadas, Chans Bembrive, Santa Mariña, Ría de Vigo, Mestres Goldar, Eduardo Pondal, Sello e Sárdoma Moledo.

Na mesma sesión da Xunta de Goberno deuse luz verde á clasificación de ofertas para a contratación das obras de reparación no muro na traza do canal de Eiras, cun custo de preto de 100.000 euros. Segundo avanzou o rexedor, tamén se aprobou a certificación final das seguintes humanizacións: terceira fase da rúa Aragón, María Berdiales, Juan Ramón Jiménez e avenida Hispanidad.

O goberno local aprobou, asimesmo, unha subvención á Fundación Casablanca, por valor de 10.000 euros, así como outra acheag ao Conservatorio Superior de Música de Vigo para o desenvolvemento de EXPLURART, de 2.000 euros.