Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 30 de agosto de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde compromete a continuidade do apoio económico do Concello ás actividades de Érguete

As actividades desenvolvidas por Érguete na loita contra a drogodependencia seguirán contando co apoio do Concello. Así o asegurou hoxe martes o alcalde, logo de manter unha xuntanza coa presidenta da Fundación, Carmen Avendaño.





O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe martes que o Concello seguirá cooperando coas actividades de loita contra a drogodependencia da Fundación Érguete, unha aportación que, dixo, ronda os 80.000 euros. Logo de manter unha xuntanza coa presidenta da Fundación, Carmen Avendaño, o rexedor destacou "a vocación de permanencia destes acordos" e anunciou que "hai gastos, como os de política social, nos que non vai haber recortes". O rexedor loubou e agradeceu o traballo que Érguete "ven facendo na cidade ao longo de tantos anos".
Mais noticias
Caballero anuncia máis de 4.000 prazas no programa municipal de escolas deportivas e "maior apoio" aos clubs de base
O programa "Camiño a camiño" oferta 260 prazas para o mes de setembro


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003