Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 30 de agosto de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O programa "Camiño a camiño" oferta 260 prazas para o mes de setembro

Neste vindeiro mes de setembro o "Camiño a Camiño" levarase a cabo nas Illas Cíes en dúas quendas, de luns a venres e a fin de semana. A novidade desta edición é que os maiores de idade poderán participar en diversas actividades de conservación do Parque Nacional. O prazo de inscrición comezou o pasado luns 29 e, en total, ofértanse 260 prazas.

O programa "Camiño a Camiño" levará a todos os participantes ás Illas Cíes e o fará en varias quendas. De luns a venres poderán participar 6 persoas e xa o fin de semana formaranse grupos de 50. Todos aqueles que queiran formar parte desta iniciativa da Concellería de Medio Ambiente poden inscribirse desde o pasado luns, 29 de agosto, a través do 010.

A novidade desta renovada edición reside en que os participantes maiores de idade poderán participar en diversas actividades de conservación do Parque Nacional. Así, ademais dos roteiros guiados participarán na retirada de plantas invasoras, na limpeza de areais... Os nenos poderán asistir acompañados dun adulto e, aínda que non participarán nas actividades de voluntariado, si serán partícipes da educación medioambiental. En total ofertaranse un total de 260 prazas.

Desde mediados de xullo ata o de agora, un grupo de mozos e mozas, de entre 18 e 35 anos, están acampados en Cíes facendo traballo de voluntariado medioambiental. Dentro deste programa, traballaron baixo a coordinación dunha monitora especializada.
Mais noticias
Caballero anuncia máis de 4.000 prazas no programa municipal de escolas deportivas e "maior apoio" aos clubs de base
O alcalde compromete a continuidade do apoio económico do Concello ás actividades de Érguete


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003