Escoitar

Santi Domínguez acorda cos sindicatos colaborar nas iniciativas sociais que impulsa a Tenencia da Alcaldía contra a crise

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, informou este mércores de que as áreas coordinadas pola Tenencia de Alcaldía contarán co asesoramento dos sindicatos CIG, UGT e CCOO para a posta en marcha de diversas iniciativas sociais. Tras a xuntanza que mantivo cos secretarios comarcais das tres centrais sindicais, o concelleiro explicou que a reunión supuxo "que se abre unha nova etapa de colaboración", xa que a partir de agora os sindicatos van ser parte implicada nas políticas sociais que se poñan en marcha contra a crise. <br />

mércores, 28 out 2009
1256740041reunionsindicatos.jpg
Santi Domínguez indicou que na reunión se concretou que nos vindeiros días se fará público un acordo para que, en todas aquelas accións que se fagan no eido social desde as diferentes áreas nacionalistas, os sindicatos ofrezan o seu asesoramento e tamén se encarguen de difundilas entre os seus afiliados. Deste xeito, prestarán a súa colaboración en todas as medidas sociais que teñan como obxectivo paliar os efectos da crise, entre as que destacan o fomento do emprego nás áreas de comercio e industria, as axudas para familias, as subvencións ao conusmo ou as becas para comedores e libros, entre outras.

O responsable nacionalista explicou que se establecerán xuntanzas periódicas cos sindicatos para facer un seguimento da repercusión das medidas que se poñar en funcionamento. O obxectivo, segundo Santi Domínguez, consiste en avanzar no traballo coordinado das áreas da Tenencia de Alcaldía na procura de defender os intereses dos traballadores e traballadoras da cidade, así como na defensa dos sectores públicos.

O tenente de alcalde indicou que no encontro tamén se pasou revista aos efectos que a crise está a ter nos traballadores e traballadoras da cidade, así como as medidas que a Xunta de Galiza está a levar a cabo e aos orzamentos autonómicos de 2010. Neste sentido, tanto Santi Domínguez como os representantes sindicais coincidiron en alertar de que as inciativas que está desenvolvendo o PP no goberno galego son totalmente antisociais, nomeadamente en áreas como a sanidade ou o ensino.
Descargar todas as imaxes