Escoitar

O alcalde anuncia a licitación de melloras "en todas as parroquias de Vigo" por valor de 7,6 millóns de euros

Abel Caballero informou este mércores da licitación de actuacións de mellora "en todas e cada unha das parroquias de Vigo", aprobadas hoxe pola Xunta de Goberno Local, por un valor de 7,6 millóns de euros. As obras de mellora serán contratadas "de forma inmediata" para realización dunha actuación "sen precedentes históricos" na cidade, segundo salientou o alcalde.

mércores, 28 out 2009
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe mércores que o Concello acometerá actuacións de melloras "en todas e cada unha das parroquias de Vigo", cun investimento de 7,6 millóns de euros.

A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria, validou os procedementos para unhas 25 actuacións nas parroquias viguesas, o que o alcalde definiu como algo "sen precedentes históricos" na cidade.

Segundo relatou Abel Caballero, o goberno local mellorará a rúa Castaña (200.000 euros), o entorno da igrexa na Avda Santa Mariña (425.000 euros), Mestre Alfredo González (135.000 euros), San Cristobo (275.000 euros), Subida á Madroa (375.000 euros), Costa (205.000 euros), Espedrigada (280.000 euros), Cañiza (207.000 euros), Sanín-Casas (310.000 euros), Muiños (170.000 euros), Fragoselos (350.000 euros), baixada á Igrexa (167.000 euros), Curros e baixada á Capitán (307.000 euros), Manuel Cominges (870.000 euros), alameda Emilio Crespo Cano (465.000 euros), Cesareo Vázquez (890.000 euros), Casal de Arriba e de Abaixo (444.000 euros), Baixada Laxe (270.000 euros), Xílgaro (274.000 euros), estrada da Igrexa -en Valadares e Zamáns- (505.000 euros) e Marcosende (150.000 euros).

Así, tal e como citou o alcalde, o Concello ven de aprobar melloras en Alcabre, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Oia, Sampaio, Calvario, Zamáns e Valladares; ás que súmanse as actuacións xa realizadas en Beade e Bembrive.

Execución
O alcalde quixo ademais facer o balance do estado de execución das obras en marcha, correspondentes ao Plan E do Goberno de España, que están "cumprindo os prazos, en tempo e forma". O estado das melloras en marcha executadas polo Concello e sufragadas polo Fondo Estatal oscila "entre o 85 e o 100%", indicou Abel Caballero, co que estimou que a comezos de decembro estarán todas rematadas.

Emprego
Caballero salientou asemade que os traballos de mellora e "embelecemento" da cidade supón tamén unha "creación masiva de emprego", que supera os 5.000 postos de traballo creados, entre diretos e indiretos, e sumando as actuacións municipais con cargo aos seus orzamentos e ao Plan E do Estado.