venres, 10 febreiro 2017

O Concello manterá a cooperación e lealdade coa nova subdelegada do Goberno

venres, 10 feb 2017

O alcalde recibiu este venres á nova subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Ana Ortiz, a quen lle deu a benvida ao cargo e coa que quere manter unha relación "tan boa, e se é posible aínda mellor, que a que tiven co seu antecesor", Antonio Coello. Abel Caballero explicou que a boa relación institucional no plano da lealdade está marcada pola cooperación, especialmente entre as policías, para "mellorar a eficiencia da acción conxunta", e agarda que continúe nesta liña.

O alcalde ratifica a colaboración municipal ao novo Comisario Xefe da Policía Nacional

venres, 10 feb 2017

Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Manuel Teijeiro, novo comisario Xefe da Comisaría de Policía de Vigo-Redondela a quen lle manifestou a vontade do Concello de continuar coa relación fluída que teñen establecida ambas institucións a través, entre outros, do órgano de coordinación da Policía Local e a Nacional que se reúnen "practicamente" todas as semanas e que permite traballar con eficacia de forma conxunta.