A delegación viguesa da Universiada levará a Bruxelas 500 pares de zapatillas usadas como mostra do compromiso da cidadanía coa candidatura
"Vigo ten imaxinación e creatividade, e por iso queremos sorprender en Bruxelas", subliñou o tenente de alcalde, Santi Domínguez, na presentación das diversas iniciativas que se levarán a cabo ata o 30 de maio, día no que a delegación viguesa da Universiada 2013 viaxará á capital belga. Entre estas iniciativas figura a recollida de 500 pares de zapatillas usadas e o seu traslado a Bruxelas, "como mostra do do apoio da cidadanía á candidatura viguesa e do seu compromiso coa coa reciclaxe".
Santi Domínguez fixo un chamamento á cidadanía, pedindo "un último apoio ás viguesas e aos vigueses antes do 31 de maio" para reunir o maior número posible de zapatillas usadas e instalalas no expositor que a delegación viguesa terá na sede da FISU en Bruxelas. "Estáse traballando arreo para que Vigo poida estar na capital belga con todas as garantías de poder ser a cidade elixida para a celebración da Universiada no 2013". Neste sentido indicou que Vigo compite con dúas grandes cidades, "que posúen grandes recursos económicos, como é no caso da rusa Kazan e de grandes recursos tecnolóxicos como é a coreana Kwang Ju". Pero, ao xuízo do tenente de alcalde, "Vigo ten algo do que carecen estas dúas cidades", qué non é outra cousa que "a orixinalidade, a imaxinación e o apoio da cidadanía", salientou.
"A cidade aposta por facer unha candidatura verde e polo aproveitamento destes grandes eventos deportivos para concienzar á cidadanía da necesidade de coidar e preservar a natureza", subliñou. Ao respecto, lembrou que no proxecto xa presentado recóllese o emprego da auga da chuvia na vila universitaria para o coidado das zonas verdes, así como a aposta polo aforro enerxético en todas as instalacións. "Parte da vila universitaria utilizarase para facer unha plantación masiva de especies autóctonas", sinalou. Ademais, engadiu que na propia infraestrutura deportiva teráse un "coidado exquisito para evitar os impactos visuais e cumprir co obxectivo da integración no entorno".
O tenente de alcalde adiantou que o venres día 30 de maio, ás 14 horas está prevista a inauguración dos expositores das tres cidades candidatas, polo que dende Vigo "queremos sorprender, unha vez máis, co apoio da cidadanía".
As zapatillas, que deberán estar atadas polos cordóns e irán acompañadas dunha tarxeta na que figuren os datos persoais das persoas que fagan a doazón do seu calzado, depositaranse nuns contendores que estarán instalados en distintos puntos da cidade. Así, os contendores estarán ubicados na Tenencia de Alcaldía, na sede da Fundación Vide, nas piscinas de Lavadores, Teis e do Carmen, no instituto Santa Irene, nos colexios Seis do Nadal, San Salvador de Teis, nos Xesuítas, nos Maristas e na Enseñanza.
"Solicitamos premura nas doazóns, para poder desplazar as zapatillas a Bruxelas con tempo suficiente, polo que o último día será o venres 23 de maio", indicou, ao tempo que asegurou que se distribuirá unha copia da fotografía do expositor con todas as zapatillas a cada un dos participantes na iniciativa. Segundo sinalou Santi Domínguez, paralelamente a esta actividade haberá voluntarios e voluntarias en distintos puntos da cidade para repartir diversos produtos relacionados coa Universiada, co obxectivo de "incrementar a involucración da cidadanía viguesa e facer que se sinta protagonista e partícipe do que aconteza en Bruxelas".
"Polos datos que temos non se trata dun acto menor", subliñou o tenente de alcalde, quen manifestou o seu firme propósito de que a Universiada non pase desapercibida en Vigo, "ao contrario do sucedido o ano pasado en Bangkok, onde a xente non sabía que se estaba a celebrar a Universiada". Neste sentido indicou que a propia FISU "ten medo de que en Kazan ou Kwang Ju poda suceder o mesmo".
Santi Domínguez, na súa intervención, deu conta do programa previsto na visita que a delegación viguesa, integrada por sesenta persoas, desenvolverá en Bruxelas.
Así, a saída terá lugar o venres día 30 de maio, para participar na inauguración oficial dos expositores das tres cidades candidatas. En concreto, no de Vigo proxectaranse vídeos interactivos dos proxectos e poderanse contemplar maquetas das iniciativas máis emblemáticas. Pola tarde terá lugar un ensaio xeral da defensa da candidatura, que deberá durar unha hora e xa pola noite, unha representación da delegación viguesa participará nunha cea ofrecida pola FISU ás tres delegacións e a outra participará nunha cea con representantes de España en Bruxelas e turoperadores que teñan a súa sede na capital belga. Ao respecto, o tenente de alcalde indicou que o cociñeiro encargado de preparar o menú será un cociñeiro da Escola de Hostelería de Galiza. O sábado, día 31 de maio, a delegación viguesa será a primeira en presentar o seu proxecto, ás 10.30 horas; Kazan o fará ás 13.30 horas e Kwang Ju ás 15.30 horas. O comité avaliador reunirase ás 18.30 horas, mentres que a decisión final coñecerase arredor das 20.30 horas.
Descargar todas as imaxes