O Concello formaliza a reversión á Xunta do edificio Cambón
O Concello de Vigo, mediante a sinatura do concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, formalizou este martes a reversión do edificio Cambón á Xunta de Galicia, para o seu establecemento como sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
A Xunta de Goberno Local desbloqueou a cesión da edificación o pasado 11 de febreiro, e a conversión foi certificada este martes coa sinatura do concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font.
Deste xeito, a Xunta de Galicia volve a ser a propietaria do inmoble para que albergue, tras a súa rehabilitación, as dependencias do Parque Nacional e o centro de interpretación. Se agarda que este novo uso permita asemade a revitalización do Casco Vello vigués.