Instalada na lonxa do Concello unha oficina para tramitar as subvencións
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este martes unha oficina instalada na lonxa do Concello para asesorar ás persoas interesadas en solicitar as subvencións das diversas áreas sociais xestionadas polo BNG, que para este ano ascenden a 1.900.000 euros.Domínguez sinalou que deste xeito quérese ofrecer unha "atención personalizada a todas as persoas que queiran acceder as axudas durante todo o tempo que dure o proceso".
"Por primeira vez todas as persoas e colectivos que queiran acceder ás subvencións poderán disporán dunha atención personalizada", subliñou o tenente de alcalde, quen salientou que con esta novidosa iniciativa quérese "achegar a xestión municipal á cidadanía". Santi Domínguez tamén indicou que as persoas que atenden a oficina están en permanente coordinación cos xefes de departamento de cada concellería. Posto que dende a oficina se xestionan as subvencións das concellerías de Animación Sociocultural, Benestar Social, Deportes, Igualdade, Normalización Lingüística, Patrimonio Histórico e Xuventude, se evita o que acontecía anteriormente, é dicer, que un mesmo colectivo, ao querer optar a subvencións de distintos departamentos tiña que dirixirse a cada un deles e repertir os percorridos.
A oficina atende ás persoas interesadas en solicitar as axudas, cubrir os cuestionarios, así como de asesoralas na presentación dos xustificantes correspondentes unha vez que teñas as subvencións concedidas. O horario de atención ao público é de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas, pero tamén se pode acceder ao servizo mediante o teléfono 986 810 350 ou a través da páxina web municipal www.vigo.org. "O noso compromiso é traballar por e para a xente, e esta iniciativa é unha boa mostra", salientou Santi Domínguez.
Ademais, Tenencia de Alcaldía editou un libro, que será remititdo ás diversas asociacións de veciños, culturais e deportivas da cidade, no que se recolle a convocatoria de todas as subvencións, así como os requisitos para solicitalas e os seus prazos correspondentes. Así, os 1.900.000 euros do total das subvencións inclúen 110.000 euros para o fomento de actividades socioculturais; 115.000 euros para o fomento de actividades de maiores e de Benestar Social; 130.000 euros para a organización de eventos e actividades deportivas; 569.000 euros para entidades deportivas de Vigo en relación á actividade deportiva da tempada 2007/2008; 78.000 para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller; 6.000 euros para realizar actividades de dinamización e promoción do uso da lingua galega; 150.000 euros para a rehabilitación de fachadas e cubertas de edificios e locais comerciais no barrio histórico de Bouzas; e finalmente, 12.000 euros para o fomento de actividades xuvenís.