Xuventude dispón dun novo punto de información na rúa Uruguai
A Concellería de Xuventude, no seu a afán de descentralizar os servicios que se ofertan no Centro de Información e Documentación Xuvenil creou, ademais do Infobús, un novo Centro Xuvenil na rúa Uruguai, 9. Información de interese para estudiantes, emprego e turismo son as principais áreas que demandan os usuarios.
Asimesmo, amplíase o horario dos servicios e información da Casa da Xuventude ata as 21:00. Outra novidade destacada é o acceso gratuíto dos mozos a catro postos de internet, xa operativos, na Casa da Xuventude.
O municipio de Vigo ten unhas particularidades xeográficas e sociais que condicionan a actividade de información que se desenvolve desde o Concello e que obriga a adapta-los proxectos ás distintas zonas da cidade. Coa apertura do Centro Xuvenil da rúa Uruguai, a Concellería profundiza no proceso de achegamento da información ó colectivo xuvenil iniciado co Infobús e incrementa a infraestructura municipal xuvenil de Vigo. Igual que na Casa da Xuventude, dende este novo punto de información, apoiaranse as demandas e canalizaranse as iniciativas dos propios rapaces.
A posta en marcha do Infobús foi un paso moi significativo para achega-la información ós centros e referentes xuvenís do noso municipio. O Infobús converteuse nunha oficina móbil de información que orienta sobre temas de interese para os mozos, así como nunha referencia permanente de información xuvenil que permite un acceso rápido e eficaz ós recursos do CIDX.
A ampliación dos horarios é unha mostra máis da vontade da Concellería por facilita-la información ós mozos e mellora-la comunicación entre a Administración municipal e o colectivo xuvenil. A partir de agora, o horario do servicio de información da Casa da Xuventude (López Mora, 31) será de luns a venres de 10 a 13 horas e de 18 a 21 horas. No centro da rúa Uruguai estarán dous técnicos os luns, mércores e venres de 18 a 21 horas. A Concellería espera conseguir así unha maior adaptación ós horarios vitais dos mozos.
As Áreas de Información principais son os servicios de Turismo Xuvenil, Orientación de Emprego, Información ó Estudiante e Biblioteca e Área de Documentación.
Os técnicos municipais facilitan datos sobre turismo xuvenil como rotas, campos de traballo, sendeirismo, campamentos, albergues, vivendas ruais, viaxes ó estranxeiro e carné xove.
O servicio de orientación de emprego está enfocado á busca de emprego, asesoramento laboral ou información relativa a cómo monta-la propia empresa ou cómo facer un curriculum.
A área de información ó estudiante ofrece datos sobre os dereitos dos estudiantes, estudios no estranxeiro, novos bacharelatos e as súas saídas profesionais.
A biblioteca é un fondo documental sobre temas de actualidade e de interese xuvenil, como a sida, as toxicomanías, a anticoncepción e sexualidade, racismo ou xenofobia.
A Concellería aposta tamén polas novas tecnoloxías e pon a disposición dos rapaces catro equipos informáticos e unha impresora con acceso gratuíto a internet, que permite o envío e recepción de correo electrónico a través do correo web. Os xoves tamén poden utilizar o procesador de textos Word e imprimir documentos segundo determinadas condicións.
Neste momento hai máis de 160 usuarios. Para utiliza-los equipos municipais é necesario posuír o carné de usuario e a duración máxima de utilización é de 45 minutos diarios. Ademais, a reserva débese facer cunha antelación máxima de 24 horas. O horario é de luns a venres entre as 9.30 e as 14.30 horas e entre as 16.30 e as 20.00 horas.
Existe un directorio de internet a disposición de tódolos interesados, pero non está permitido chatear nin a instalación e execución de programas nos equipos do servicio. Tamén está restrinxida a gravación de ficheiros no disco duro do ordenador.
Descargar todas as imaxes