Festas e Animación Sociocultural organiza o IV Festival ”Na punta do pé”
A Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo organiza o venres, 8 de marzo de 2002, a cuarta edición do festival ”Na punta do pé” no que 55 alumnos de 6 a 11 anos subirán, algúns por vez primeira, ó escenario do auditorio municipal para dar a coñecer o seu traballo.
Patelas, muiñeiras, ribeiranas, panderetadas e xotas serán algunhas das pezas que interpretarán os novos bailaríns da escola central e do distrito da Doblada coa correspondente indumentaria de augas, faena ou gala. O espectáculo durará arredor dunha hora e cuarto.
O pasado sábado, 2 de marzo, 55 alumnos da Escola de Danza, dirixida por Wenceslao Cabezas ”Polo”, visitaron o Museo Etnográfico de Vilasobroso, dentro do programa de actividades que desenvolve esta escola durante todo o curso para coñecer o folclore e cultura tradicionais. No Museo Etnográfico, os rapaces coñeceron o Centro de Recuperación de Cultura Popular, con salas destinadas ós oficios tradicionais, indumentaria, teares e tenda de productos manufactureiros.