Escoitar

O Concello construirá unha pista multiusos en Fragoso

luns, 4 mar 2002
A Concellería de Deportes, dentro do seu Programa de Dotacións Deportivas para os Barrios, vai construír unha pista multiusos en Fragoso, concretamente nun terreo de propiedade municipal situado a carón da Asociación de Veciños. Será unha pista de pavimento sintético, de 14x25 metros, na que se poderán practicar diversas especialidades como futbol sala, balonmán ou baloncesto. O investimento previsto é de 78.131 euros.

Dentro deste programa de Dotacións Deportivas nos Barrios estanse a construír e mellorar pistas en moitos lugares do municipio: Cabral, Zamáns, Saians, Coutadas... A pista que se construirá en Fragoso terá características moi semellantes á que se está facendo en Teis, no parque da Riouxa.