Escoitar

Autorizado un gasto de 1.380.000 euros para o submistro de materiais de Vías e Obras

A Xunta de Goberno Local autorizou hoxe luns un gasto de 1.380.000 euros para a contratación, durante 2007 e 2008, do subministro de materiais para o Servizo de Vías e Obras.

luns, 22 xan 2007
1169477027xunta150107.jpg
Esta cantidade divídese en tres lotes. O primeiro, para materiais de ferretería, contén 100.000 euros para 2007 e outros 100.000 para 2008. O segundo, materiais de construción, inclúe un total de 700.000 euros, que se reparten a medias entre os dous anos. Por último, o lote de áridos supón un gasto de 480.000 euros, que se dividen a partes iguais entre 2007 e 2008.

Asistencia a feiras turísticas

Por outra parte, a Concellaría de Turismo recibiu autorización para asistir a unha serie de feiras internacionais, cos seguintes gastos: BOTT de Düsseldorf (46.500 euros), BTL de Lisboa (6.000), FITUR 2007 (5.000), BIT de Milán (2.500), ITB de Berlín (2.000), Campionato do Mundo de Saltos (5.000) e Vigo Náutica Internacional (6.000 euros).

Campos de fútbol

Así mesmo, a Xunta de Goberno decidiu prorrogar por un ano o contrato da Casa de Acollida para mulleres maltratadas, cunha asignación de 312.000 euros, e desde febreiro deste ano á fin de 2008 o contrato para a dirección técnica dos traballos de mantemento dos campos de fútbol de Balaídos, Barreiro e A Madroa. Esta prórroga supón un gasto de 30.000 euros para cada un dos tres campos.
Descargar todas as imaxes