Escoitar

O VI Congreso Español sobre Sistemas Intelixentes de Transporte reune en Vigo a máis de 300 expertos do sector

Máis de trescentos expertos relacionados có sector de transporte danse cita no IFEVI ata o día 19 con motivo da celebración do VI Congreso Español sobre Sistemas Intelixentes de Transporte, que organiza Intelligent Transport Sistems (ITS- España), sendo o Concello unha das principais institucións que colaboraron para o desenvolvemento do mesmo.<br />

martes, 17 out 2006
1161086197sistemastransporte.jpg
A sexta edición pretende constituírse no esceario que encontre solucións á misión de incorporar e integrar todos os modos de transporte, para o que se busca aproveitar as sinerxias dos distintos modos, isto é a intermodalidade, según destacan fontes da organización.

No VI Congreso Español sobre Sistemas Intelixentes de Transporte intervirán 25 ponentes expertos nas áreas de ITS en Túneles; Sistemas de Peaxe e ITS; Sistemas de Información ó usuario; Xestión da Mobilidade; ITS Ferroviario; ITS para a Seguridade Vial; ITS no Transporte Público, así como no entorno portuario, no vehículo e na xestión de flotas.

O amplio programa de conferencias tamén contempla abordar os Sistemas Intelixentes de Transporte no Tráfico Urbán, para o que se desenvolverá unha mesa redonda sobre dito asunto ademáis de profundizar nos Sistemas de Navegación e celebrar un debate sobre Tráfico Urbán.

Durante o transcurso do Congreso presentaranse un total de 75 comunicacións libres por parte de técnicos especialistas procedentes de México, Chile, Arxentina, Perú, Portugal, Alemaña, Suecia, Bélxica e España.

Paralelamente á celebración do Congreso realizarase unha exposición comercial, para o que se reservou unha superficie de 300 m2 no hall do IFEVI, que acollerá as principais institucións e empresas españolas do sector.

ITS España é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 2002. Entre os seus obxectivos figura o de ser punto de encontro de Administración, usuarios, fabricantes de equipos e desenroladores de solucións có propósito de profundizar e implantar os sistemas e servizos ITS na nosa sociedade.

A coñecida entidade tamén persegue coordinar, promocionar e divulgar todo tipo de soportes e accións encamiñadas a impulsar o desenvolvemento do sector dos Sistemas e Servizos Intelixentes de Transporte.
Descargar todas as imaxes