Porro reuniuse cos representantes dos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres de Teis
A Alcaldesa de Vigo, Corina Porro, mantivo unha conversa hoxe martes cos representantes dos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres de Teis, para tratar as posibles solucións nas vías de traballo coas persoas desamparadas tanto da cidade como da súa área metropolitana.
Os Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres de Teis fan diariamente unha labor benéfica con homes e mulleres necesitados, atenden na súa maioría a homes. O Concello comprometeuse con este colectivo a dar solución os problemas dos máis olvidados. Porro afirmou que é necesaria a actuación conxunta das administracións, non só locais, tamén a Diputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, xa que ata este centro acércanse persoas doutras localidades. Este convenio ten que paliar as complicacións de acollemento e mantemento. O estudio presenta a creación de 44 plazas para homes e 20 para mulleres, o mesmo tempo que prevé a axuda técnica de profesionais capacitados.
Descargar todas as imaxes