O Concello mantendrá un clima de consenso, colaboración e diálogo

O concelleiro de Urbanismo, José Manuel Figueroa, e o Xerente de Urbanismo, Javier Rivas Barros, convocaron unha rolda de prensa hoxe martes para dar a coñecer o informe xurídico solicitado polo Vicepresidente da Xunta Municipal de Urbanismo, en relación ó escrito de suspensión remitido pola Dirección Xeral de Urbanismo.

martes, 29 ago 2006
1156852892chema.jpg
Javier Rivas e José Manuel Figueroa
Figueroa mantívose rotundo hoxe martes nunha rolda de prensa inesperada para explicar a natureza do informe xurídico que foi solicitado polo Vicepresidente da Xunta Municipal de Urbanismo. O concelleiro de Urbanismo afirmou que o PXOM cumpre todos os requisitos para ser levado a cabo, o mesmo tempo que recalcou que o Concello manterá unha postura firme dentro dun clima de consenso, colaboración e diálogo coa Xunta de Galicia. Mañá celebrarase una Xunta de Goberno Local Extraordinaria onde pedirase a creación dunha comisión extarodinaria para tratar todos os temas referentes ó PXOM.

O edil popular fixo fincapé na urxencia do plan e o longo traballo durante seis anos que sempre axustouse a legalidade. O Concello de Vigo realizou "os seus deberes", segundo Figueroa.
Descargar todas as imaxes