Escoitar

A Xunta de Goberno dá luz verde á equidistribución da Unidade de Actuación "Pobo Galego"

A Xunta de Goberno Local aprobou definitivamente varios proxectos urbanísticos: os de equidistribución e cambio de sistema das Unidades de Actuación "Pobo Galego" e Aragón-Travesía de Vigo, o de compensación de San Andrés de Comesaña e o do equidistribución do polígono 4 do PERI San Roque-A.

luns, 26 dec 2005
Na área de Patrimonio e Contratación foi aprobado o proxecto de execución das obras de retopping das pistas de atletismo de Balaídos, ás que se lles asigna un gasto de 212.000 euros.

Así mesmo, a Xunta de Goberno concedeu axudas por un importe de 120.000 euros á creación de empresas durante 2005, dentro do Plan Municipal de Emprego, e aprobou o expediente de contratación da subministración e instalación dunha escultura de Xaime Quesada.

Ademais, na área de Cultura adxudicouse o arranxo e substitución das carpinterías exteriores e persianas do edificio da Casa das Artes á empresa Oreco SA, que propuxo na súa oferta un orzamento de 72.000 euros.

Por último, a Xunta de Goberno Local aprobou un convenio de colaboración entre o Concello e o Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia para a realización dun programa de acción e investigación con menores inmigrantes escolarizados en centros de Vigo. A contrapestación económica do Concello é de 36.500 euros, dos cales 6.500 serán con cargo ao orzamento corrente e o resto, aos de 2006.