Escoitar

O alcalde inaugura o parque de Saborido, en Camelias

mércores, 26 dec 2001
imx937.jpg
Henrique Vieitez e Lois Castrillo
O alcalde, Lois Castrillo, inaugurou o parque de Saborido, unha área de uso público de 1.700 m2 ubicada nun barrio con gran densidade de poboación. Castrillo manifestou o compromiso do Goberno municipal de crear novas zonas verdes e anunciou o próximo inicio de traballos de axardinamento en Alcabre, en Barreiro e na alameda de Matamá. O alcalde afirmou que Vigo vai dispor de máis de 42.000 hectáreas de espacios verdes acondicionados para o disfrute dos cidadáns.


O parque Saborido está situado a continuación da praza Oito de marzo, entre as rúas Camelias e Romil e servirá de complemento ó parque infantil instalado na praza.

Os camiños pavimentáronse con lastro de pedra natural e conforman unha zona de estar de planta rectangular e un recinto semicircular no que hai diversos elementos de xogos infantís.

Construiuse un muro de mampostería de recortes de canteira e unha balaustrada de seguridade de 60 metros en pedra rosa Porriño semellante á existente. Colocáronse táboas de madeira no bordo de paseos e zonas de estar para diferenciar as zonas de céspede e de arborado. Instaláronse bancos e papeleiras basculantes e reservouse un espacio para cans. O presuposto das obras foi de 14 millóns de pesetas.

Descargar todas as imaxes