Corina Porro visita as obras de mellora de varias rúas da cidade
A alcaldesa, Corina Porro, visitou hoxe martes varios puntos de Vigo onde se están a executar obras para mellorar o aspecto da cidade. Estes traballos inclúen o empedrado de beirarrúas, a disposición de illas de reciclaxe e a colocación de farolas e de novo arborado.
Corina Porro dixo que estas obras forman parte da "aposta do Goberno municipal por facer compatible a cidade industrial cunha cidade de servizos, aberta ao lecer e ao turismo". A visita da alcaldesa partiu da confluencia de Colón con Uruguay e acabou na praza de Compostela, en cuxo contorno se están a realizar diversas obras dentro do proxecto Vigo 2005, no cal colaboran o Concello e Zona Franca.
Destas obras, están finalizadas xa as que se acometeron en Luís Taboada, Castelar, Pablo Morillo, Concepción Arenal e un tramo de García Olloqui.
Para antes da Volvo Ocean Race, que sairá do porto de Vigo o próximo 12 de novembro, remataranse os traballos do perímetro da praza de Compostela, Reconquista, Velázquez Moreno e maila beirarrúa de Colón entre Compostela e Policarpo Sanz e os tramos de Carral que discorren entre o Náutico e Marqués de Valadares. Despois da Volvo Ocean Race acabaranse as obras de Marqués de Valadares.
No marco da colaboración entre o Concello e Zona Franca están incluídos tamén os traballos das rúas Colón e Uruguay, que estarán finalizados o 8 de novembro, antes da Volvo. A rúa Colón será dotada cun acabado igual ao da nova superficie de Urzaiz e disporá, ademais, dunha illa de reciclaxe na beirarrúa dereita ascendente.
O acabado de Uruguay será igual ao do contorno da praza de Compostela. Nesta rúa haberá tres illas de reciclaxe. As obras de Colón e Uruguay execútaas Movexvial e contan cun orzamento de 932.047 euros.
O convenio entre o Concello e Zona Franca inclúe tamén os traballos que se realizarán na rúa Cervantes, que están en proceso de licitación e se adxudicarán proximamente. Despois destes traballos, nos cales se inviste a cantidade de 469.097 euros, Cervantes terá aglomerado no vial, beirarrúas de pedra, farolas e novo arborado.
No marco deste convenio están aínda pendentes de adxudicación as melloras previstas en Hernán Cortés, Luis Braille, Magallanes, Gil e Manuel Núñez. En total, as obras cofinanciadas polo Concello e Zona Franca supoñen un investimento de 1.401.144 euros.
Convenio Concello-Deputación
En virtude doutro convenio, este asinado polo Concello e a Deputación de Pontevedra, realizaranse outra serie de obras en diversas rúas de Vigo, por valor de 1.343.537 euros.
Así, en Alfonso XIII, a partir do 5 de setembro e durante 45 días procederase á disposición de aglomerado en toda a rúa. Ademais, Alfonso XIII contará, ao finalizaren os traballos, con dúas illas de reciclaxe, beirarrúas novas en pedra, arborado e farolas fernandinas. Todo isto custará 372.195 euros. A empresa adxudicataria é COVSA.
En Velázquez Moreno farase un acabado como o do contorno da praza de Compostela. A rúa terá unha illa de reciclaxe e farolas fernandinas. Estas obras contan cun orzamento de 289.397 euros, comezarán nos vindeiros días e executaranse nun prazo de mes e medio. O mesmo se pode dicir en canto ao inicio e á duración das obras previstas en Manuel de Castro, que consistirán na renovación das beirarrúas por un importe de 187.687 euros.
Tamén se renovarán de beirarrúas en Coia, por 153.029 euros, durante dous meses e medio. Os traballos aquí iniciaranse nos próximos días.
Dentro do convenio entre o Concello e a Deputación están incluídas tamén, cun orzamento de 341.229 euros, a renovación de beirarrúas, a colocación de arborado e a mellora da iluminación da rúa Tui, obras que comezarán o luns 5 de setembro e que tardarán 45 días en finalizarse. Así mesmo, forma parte deste convenio a mellora, pendente de adxudicación, da superficie da praza da Independencia.
Outras obras
Nos próximos días iniciaranse na Travesía de Vigo, González Sierra e Alfonso X traballos similares aos que se veñen detallando e polos que o Concello desembolsará 1.269.029 euros.
Na Travesía de Vigo as obras durarán catro meses e consistirán na renovación de beirarrúas e na colocación de arborado e de máis luminarias. Todo isto custará 790.829 euros.
As obras en González Sierra inclúen a renovación de beirarrúas, a colocación de arborado e a mellora da iluminación. Tardarán catro meses en finalizarse e contarán cun orzamento de 388.200 euros.
Por último, en Alfonso X renovaranse beirarrúas e mellorarase a iluminación. Para iso executaranse traballos por valor de 90.000 euros durante tres meses.
En total, as melloras incluídas nos convenios que o Concello asinou con Zona Franca e coa Deputación de Pontevedra, mailas obras que corren a cargo do propio orzamento municipal unicamente, suman a cantidade de 4.013.710 euros.