Escoitar

O ciclo de cine ao aire libre "Realidade 2005" desenvólvese estes días na praza do Rei

Os amantes do cine poden gozar desta arte ao aire libre estes días na praza do Rei, grazas ao ciclo "Realidade 2005", organizado pola Concellaría de Festas e Animación Sociocultural.

luns, 1 ago 2005
1122896938hitler0108.jpeg
Imaxe do filme "El Hundimiento"
"Lost in La Mancha", "Un instante en la vida ajena", "El cielo gira" e "El Hundimiento" son os filmes elixidos. Estas películas contan cunha temática común que serve de fío conductor no ciclo: a idea de persoas que conseguen ter moito poder para logo perdelo.

O prezo do ciclo ascende a 12.000 euros e o Concello prevé a habilitación do Auditorio Municipal en caso de que a choiva impida a proxección ao aire libre durante algunha das noites.

Programa:

Luns, 1 de agosto: "Lost in La Mancha", de Keith Fulton e Louis Pepe (2002) Documental, 93 minutos.

Martes, 2 de agosto: "Un instante en la vida ajena", de José Luis López Linares (2003) Documental, 80 minutos.

Mércores, 3 de agosto: "El cielo gira", de Mercedes Álvarez (2004) Documental, 110 minutos.

Xoves, 4 de agosto: "El Hundimiento", de Oliver Hirschbiegel (2005) Drama, 150 minutos.
Descargar todas as imaxes