Escoitar

Entrega de diplomas dos cursos de cestería tradicional

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Ignacio Lopez-Chaves , entregou o luns os diplomas do programa formativo en cestería tradicional da Casa do Cesteiro. Os cursos orientáronse á cestería de colmo, cestería de madeira fendida, cestería de vimbio con pel, vimbio pelado e principios básicos da cestería tradicional galega.

luns, 11 xul 2005
1121164227cestos.jpg
Recibiron a calificación de “apto”, 24 dos alumnos do programa formativo que oferta o centro. Nesta ocasión os alumnos capacitados participaron nos cursos de cestería de colmo, cestería de madeira fendida, cestería de vimbio con pel, vimbio pelado e principios básicos da cestería tradicional galega. Os cursos realizados tiñan unha duración de entre 100 e 150 horas e foron impartidos en horarios de mañá e tarde.

A Casa do Cesteiro, único centro de formación en cestería tradicional de Galicia, iniciou con esta promoción de alumnos unha nova oferta formativa que acadou grande éxito e aceptación. Os cursos que mais solicitudes recibiron foron aqueles orientados ao desenvolvemento profesional do oficio. Para este tipo de formación foron ofertadas 28 prazas, e cubríronse 26. Así o curso de principios básicos tivo que ampliar as súas prazas. Outros cursos que se completaron foron os de vimbio con pel e vimbio pelado, coas técnicas cesteiras relacionadas co mundo rural e urbano respectivamente.

A este grupo de 26 alumnos orientados á formación máis profesional no oficio da cestería, súmase un total de 12 alumnos/as, que realizaron cursos introductorios de curta duración á cestería tradicional, nun horario de tarde.

O luns, día 11, comezaron os cursos de verán en “cestería de vimbio pelado “ e “cestería de madeira fendida”.Estes cursos impartiranse en horario de mañá e tarde respectivamente, de forma intensiva en sesións de catro horas de duración, de luns a venres. A duración de cada curso é de 45. Son cursos orientados para achegar ao conxunto dos cidadáns as técnicas e pezas da cestería tradicional galega.

O vindeiro mes de setembro abrirase o prazo de preinscripción para unha nova etapa formativa que terá dúas datas de inicio: uns cursos comezarán no mes de outubro, e outros no mes de febreiro. Nesta ocasión, igual que na anterior convocatoria, a oferta de formación abrangue dende cursos de curta duración ata cursos de especialidades e principios básicos. A oferta estará formada por doce cursos de diversa temática e diferentes horarios.
1121164227cestos.jpg
1121164252cesteira1.jpg
Descargar todas as imaxes