Escoitar

Manifestación silenciosa na Praza do Rei contra os atentados de Londres

Membros da corporación municipal, con Corina Porro á frente, e cidadáns de Vigo sumáronse á manifestación silenciosa en protesta polos atentados terroristas perpetrados onte en Londres, que causaron decenas de víctimas mortais e centos de feridos.

venres, 8 xul 2005
1120823916londres1.jpg
Corina Porro deu comezo a un minuto de silencio despois de referirse ao "sentimento de inxustiza" e á dor provocados polo sucedido na capital do Reino Unido. Uns feitos que merecen, en palabras da alcaldesa, unha reacción de "auténtica repulsa".

A manifestación, que tivo lugar ás 12:00, foi convocada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) como mostra de condena, rechazo e solidariedade coa cidadanía británica.
Descargar todas as imaxes