Corina Porro visitou as instalacións de Fitur 2005
Vigo está representada en Fitur cun espacio de 50 m2 e viaxa baixo o pavillón de Turgalicia.
A alcaldesa Corina Porro visitou hoxe en Madrid a XXV edición de Fitur, que permanecerá aberta ata o 30 de xaneiro e onde xa se encontraba a concelleira de Turismo, Lucía Molares Pérez, presentando a oferta turística de Vigo.
A Concellería de Turismo considera de enorme interese promocionar o turismo de cidade e o turismo náutico, co obxecto de captar visitantes en tódalas épocas do ano, podendo disfrutar na cidade dunha magnífica oferta cultural, gastronómica e de ocio.
A cidade está representada en Fitur 2005 cun espacio de 50 m2 e viaxa baixo o pavillón de Turgalicia, a Sociedade de Promoción do Turismo de Galicia.
A Concellería de Turismo aproveita a presencia neste foro de máis de 11.200 empresas, 750 expositores e máis de 100.000 profesionais para presentar a nova campaña de Turismo de Vigo, que sustentada na imaxe de marca "Sinte a Chamada" se dará a coñecer con novas propostas e imaxes da cidade.
Asemade, a Concellería utilizará este foro para presentar os numerosos recursos turísticos que a cidade ten vencellados ó mundo do mar e da náutica con motivo da próxima celebración da Volvo Ocean Race 2005, xa que esta prestixiosa competición terá como porto de saida a nosa cidade. Ademais darase a coñecer o programa gratuito de fomento da vela, auspiciado por Turismo de Vigo, "Vigo a Vela".
Descargar todas as imaxes