O programa Municipal de Escolas Deportivas extende o prazo de matrícula ata o 26 de xaneiro
Abrirá un prazo extraordinario entre o 10 e o 26 de xaneiro en todas as modalidades deportivas.
O programa Municipal de Escolas Deportivas abrirá un prazo extraordinario de matrícula dende o 10 ao 26 de xaneiro en todas as modalidades deportivas, sempre que haxa prazas dispoñibles, para todos aqueles nenos que cumpran cos requisitos establecidos no programa. Estes requisitos dependen da data de nacemento e do nivel de traballo.