Escoitar

A alcaldesa entrevístase cunha representación da Asociación Olímpica Galega

A directiva da Asociación de Olímpicos solicitoulle á alcaldesa a creación dun monumento aos olímpicos e paralímpicos galegos na cidade.

martes, 11 xan 2005
1105453329olimpic.jpg
Unha representación da directiva da Asociación de Olímpicos Galegos encabezada polo ex atleta Carlos Pérez Alonso foi recibida hoxe pola alcaldesa Corina Porro. A Asociación de Olímpicos achegouse ao Concello para propoñerlle á alcaldesa a elaboración dun monumento aos olímpicos galegos. O monumento, xa deseñado, estaría formado por catro pezas de granito galego de 29 toneladas coas placas conmemorativas dos atletas olímpicos e paralímpicos e un busto de Pierre de Coubertin de ferro fundido de 110 quilogramos, xa construído polo escultor de Corcubión, Álvaro de la Vega.
Descargar todas as imaxes