Escoitar

O Concello fai un chamamento á colaboración cos nenos afectados polo maremoto no sudeste asiático

Todo cidadán que queira colaborar pode facelo en calquera das dúas contas que Unicef habilita.

mércores, 5 xan 2005
Tralo maremoto que arrasou as costas do sureste asiático, milleiros de persoas , entre eles moitos nenos, quedaron sen nada e outros milleiros, soamente coa súa vida.

Precísase de toda a axuda que se poida acadar para garantirlles o seu dereito a saúde, a nutrición, a auga potable, a conseguir un refuxio para os que se quedaron sen teito.

O Concello fai un chamamento á colaboración, a través das campañas de emerxencia establecidas, para a asistencia ás víctimas.

A organización UNICEF ten abertas contas bancarias a través das que podedes ser solidarios ingresando calquera cantidade como donativo.

UNICEF:

CAIXANOVA 2080 0355 16 0040036274

CAIXA GALICIA 2091 0300 40 3040121437