Os reis magos de Oriente visitan os nenos hospitalizados
Gaspar, Melchor e Baltasar levaron hoxe o espírito do Nadal aos cativos ingresados en Povisa, no Hospital Xeral e no Hospital Nicolás Peña
![1104931775reis.jpg 1104931775reis.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1104931775reis.jpg)
Os reis magos de Oriente visitaron hoxe os nenos ingresados en Povisa, no Hospital Xeral e no Hospital Nicolás Peña. Gaspar, Melchor e Baltasar, acompañados por unha banda de gaitas, regaláronlles caramelos aos cativos e preguntáronlles se se portaran ben durante o ano. E déronlles o seguinte consello: que esta noite vaian cedo para a cama confiados en que os seus desexos se cumprirán.
![1104931775reis.jpg 1104931775reis.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1104931775reis.jpg)
![1104931826melchor.jpg 1104931826melchor.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1104931826melchor.jpg)
![1104931881balta.jpg 1104931881balta.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1104931881balta.jpg)