Escoitar

O Pleno do Concello aproba o PXOM cos votos de PP e BNG e a abstención do PG

A sesión plenaria estivo marcada polos incidentes que obrigaron a trasladar á Corporación a Sala da Xunta de Goberno.

xoves, 30 dec 2004
1104425936junta.jpg
O Pleno do Concello de Vigo aprobou hoxe o proxecto inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal cos votos a favor de PP e BNG, a abstinencia do PG e a oposición insuficiente do PSOE. A sesión plenaria estivo marcada pola suspensión temporal e posterior trasladado á Sala da Xunta de Goberno debido aos berros e consignas de varios cidadáns opositores ao PXOM. As protestas impediron escoitar a intervención do concelleiro popular José Manuel Figueroa, polo que a alcaldesa, Corina Porro, se viu obrigada a interromper a sesión. Tras unha xuntanza de portavoces resolveuse traslada-lo pleno á Sala da Xunta de Goberno, habilitando o espacio para os xornalistas e pechando as portas ao público xeral. O pleno reiniciouse ás dez e media da mañá, hora e media despois do seu comezo, e rematou preto das cinco co resultado mencionado.
1104425936junta.jpg
1104425988poli.jpg
1104426046para.jpg
Descargar todas as imaxes