A degustación de pratos, a música e a artesanía, protagonistas da XVII festa do cabazo
A festa do Cabazo, organizada pola Asociación cultural "O Coto" o próximo día 21, porá a disposición dos presentes ata 6.000 kilos de cabazo totalmente de balde.
O Concello de Vigo e a Asociación Cultural "O Coto" organizan a XVII Festa do Cabazo, que se celebrará o vindeiro domingo, 21 de novembro, nunha carpa ubicada no Colexio Carballal (Cabral). Durante toda a xornada, os vigueses poderán degustar de balde pratos elaborados con 6.000 kilos deste producto. Ao tradicional caldo de cabazo –o prato máis demandado- o pan, os pasteis ou a marmelada elaborados con este producto, nesta edición presentarase como novidade o licor de cabazo. Durante toda a xornada os vigueses poderán disfrutar da degustación de pratos e da música e a artesanía. Pola mañá –11:30 horas- a festa contará coa actuación dos grupos de gaitas e pandereteiras Rueiro, de Coia. A continuación procederase á lectura do pregón, a cargo do escritor Vitor Vaqueiro, e actuará a banda de música "Las delicias de Caeiro". Pola tarde, a partires das 17:00 horas, actuará o grupo de folk-rock "Travellers" e a banda de música "A Unión Musical" de Cabral. Haberá tamén mostras de artesanía (coiro, barro e cestería).
O concelleiro Ignacio López-Chaves e os representantes da Asociación Cultural O Coto presentaron esta mañá o programa de actividades e destacaron o esforzo que se realiza na promoción deste producto. A festa pretende recuperar o cabazo como producto alimentario, así como as tradicións culinarias da zona e presentar outras novas utilizacións deste producto. O concelleiro destacou que a festa poñe de relieve a riqueza culinaria da cidade, "que non só se reduce aos productos mariños, senón que ten unha variedade importante de productos agrícolas".
Descargar todas as imaxes