O presidente da Xunta, Manuel Fraga, foi recibido pola Corporación Municipal ao completo e despois firmou no libro de ouro da cidade
O presidente mantivo unha reunión coa alcaldesa e cos voceiros de tódolos grupos políticos e mais tarde, asinou no libro de ouro da cidade.
A axenda do presidente da Xunta, Manuel Fraga, á súa chegada a Vigo, foi tan completa como é costume. Á súa chegada foi recibido pola alcaldesa, Corina Porro, xunto coa Corporación Municipal ao completo.
Acto seguido, o presidente mantivo unha audiencia coa alcaldesa e mailos voceiros dos distintos grupos municipais na sala da alcaldía. Ao remate da reunión, o presidente da Xunta asinou no libro de ouro da cidade, onde deixou esta adicatoria:
"Para a cidade de Vigo, a meirande e de maior puxanza económica de Galicia, cos meus mellores desexos e esperanzas".