Escoitar

Concello e Universidade asinarán un convenio en materia de mobilidade

O acordo, que prevé un orzamento de 30.000 euros en dous anos, tratará de sacar á luz unha Ordenanza de mobilidade e modificará o tráfico urbano pesado, ás zonas peatonais e as de carga e descarga.

luns, 18 out 2004
1098105546ya.jpg
A concelleira Lucía Molares informou da aprobación do proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a Universidade en materia de mobilidade. Nos últimos anos preocupa nas principais cidades españolas e mundiais o problema do tráfico nos centros urbanos. O índice de motorización de vehículos segue crecendo nas cidades desenroladas ata un índice do 50%, é dicir, un de cada dous cidadáns posúe un vehículo.

Este feito plantea problemas como a falta de prazas de aparcadoiro público e en superficie, así como no tránsito de vehículos nos centros urbanos, que choca coa vontade política de ofrecer un maior espacio peatonal nas cidades.

O problema e tal que non existe cidade no mundo que poida afirmar que lle encontrou unha solución eficaz, anque existen certas medidas imprescindibles para empezar a enfocalo, como supón o fomento do transporte público en cidade.

Así, co obxecto de por a disposición do Concello de Vigo os medios humanos e técnicos da Universidade, que permita analizar rigorosamente o problema e atoparlle solucións concretas ao problema da mobilidade establécese o convenio que terá dous obxectivos mínimos:

O Pacto cívico de mobilidade e accesibilidade, polo que se da participación aos diferentes axentes sociais e representativos sostidos nunha Mesa pola mobilidade e sostenibilidade, que funcionará como órgano base e de seguimento do Pacto.

Actuacións estudios e propostas concretas en tres eixes:
a.- Análise, estudios e proposta dunha Ordenanza de mobilidade.
b.- Deseño de rutas para o tráfico pesado e propostas de sendas urbanas peatonais.
c.- Modificación e ampliación das zonas de carga e descarga establecidas, con especial concreción para as áreas comprendidas entre as rúas Isaac Peral, Travesía de Vigo, Pizarro, Gran Vía e Coruña.

O orzamento establecido para a execución dos traballos é de 18.000 euros en 2004 e de 12.000 euros en 2005.
Descargar todas as imaxes