Escoitar
Actos do 25 N

Proxección da película " O Corno"

Jaione Camborda, directora do film “ O Corno”, participará no coloquio logo da proxección da película dentro das actividades da programación municipal do 25N. Será as 19.00 horas, o xoves 16, no Auditorio Municipal da Praza do Rei con entrada libre ate completar aforo.

mércores, 15 nov 2023

"O Corno"  é un filme galego de 2023 dirixido e escrito por Jaione Camborda e protagonizado por Janet Novás, Siobhan Fernandes e Carla Rivas. Foi rodado en lingua galega. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2023 antes de presentarse á 71ª edición do Festival Internacional de Cine de Donostia, onde se converteu no primeiro filme en galego en competir na sección oficial.

O 30 de setembro de 2023 converteuse tamén no primeiro filme en galego en gañar a Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Donostia.

Ambientado na Illa de Arousa en 1971, o filme conta a historia de María, unha muller que traballa como mariscadora. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos partos empregando cornizó. Logo dun inesperado suceso, foxe e comeza unha perigosa viaxe cruzando a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.

Descargar todas as imaxes