O tenente de alcalde, Javier Pardo, reúnese cunha representación do Clúster do granito
O concelleiro da área de Goberno de Fomento e Servizos mantivo un encontro este xoves con varios integrantes da asociación que representa a este sector empresarial galego. Abordaron a situación do sector nestes momentos e asuntos relacionados coa promoción e o uso do granito nas diferentes obras que se acometen na cidade.
