Escoitar

Caballero conforma o seu Goberno con 9 áreas e 12 concellerías delegadas

Abel Caballero terá como tenentes de alcalde a Carmela Silva, Javier Pardo, Elena Espinosa e María Xosé Caride. Hoxe constituíuse a Xunta de Goberno cos responsables das distintas áreas.

luns, 19 xuñ 2023

O alcalde aprobou a estrutura da administración do Concello para a nova lexislatura. O goberno local terá 9 áreas e 12 concellerías delegadas. Abel Caballero terá a Carmela Silva, Javier Pardo, Elena Espinosa e María Xosé Caride como tenentes de alcalde.

A composición do Goberno de Vigo é a seguinte:

1. ABEL CABALLERO ÁLVAREZ: Alcalde

2.- CARMELA SILVA REGO: Primeira tenente de alcalde e Área de Goberno de Patrimonio Histórico, Cultura, Igualdade e Normalización Lingüística

3.- JAVIER PARDO ESPIÑEIRA: Segundo tenente de alcalde e Área de Goberno de Fomento e Servizos

4.- ELENA ESPINOSA MANGANA: Terceira tenente de alcalde e Área de Goberno de Emprego, Fondos Europeos, Patrimonio, Medioambiente, Educación, Deportes e Xuventude

5.- MARÍA XOSÉ CARIDE ESTÉVEZ: Cuarta tenente de alcalde e Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda

6.- PATRICIA RODRÍGUEZ CALVIÑO: Área de Goberno de Seguridade, Contratación, Festas e Xestión Municipal

7.- YOLANDA AGUIAR CASTRO: Área de Goberno de Política Social e Turismo

8.- JAIME ANEIROS PEREIRA: Área de Goberno de Orzamentos e Facenda

9.- ÁNGEL RIVAS GONZÁLEZ: Área de Goberno de Parques e Xardíns, Comercio, Participación Cidadá e Festas Especiais

10.- CARLOS LÓPEZ FONT: Área de Portavocía

11.- ANA MARÍA MEJÍAS SACALUGA: Concelleira delegada de Limpeza, Ciclo da Auga e Transportes

12.- OLGA ALONSO SUÁREZ: Concelleira delegada de Educación, RRHH e Formación

13.- ABEL LOSADA ÁLVAREZ: Concelleiro delegado de Estudos e Análise económica

14.- NURIA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ: Concelleira delegada de Medioambiente

15.- MANEL FERNÁNDEZ PÉREZ: Concelleiro delegado de Deportes

16.- PABLO LUIS ESTÉVEZ RODRÍGUEZ: Concelleiro delegado de Participación Cidadá e Distritos

17.- MARÍA LAGO BARREIRO: Concelleira delegada de Turismo e Xuventude

18.- GORKA GÓMEZ DÍAZ: Concelleiro delegado de Cultura

19.- ANA LAURA IGLESIAS GONZÁLEZ: Concelleira delegada de Igualdade e Comercio

Primeira Xunta de Goberno

O novo executivo celebrou a primeira Xunta de Goberno para a súa constitución cos responsables das nove áreas. Deste xeito, formarán parte dela Carmela Silva, Javier Pardo, Elena Espinosa, María Xosé Caride, Patricia Rodríguez, Yolanda Aguiar, Jaime Aneiros, Ángel Rivas e Carlos Font.

Descargar todas as imaxes