Escoitar

O luns comeza a Vigo Cup cunha participación récord de case 5.000 participantes

O alcalde adiantou a inscrición récord de 300 equipos de fútbol e fútbol sala. As finais do torneo terán lugar nos campos de Sami e Bouzas e no pavillón deportivo das Travesas.

xoves, 15 xuñ 2023

O luns comeza a Vigo Cup 2023 na que este ano inscribíronse 300 equipos, récord de participación na historia da competición. A partir do 19 de xuño 5.000 deportistas danse cita en 18 campos de fútbol e 7 polideportivos municipais para competir nas categorías de fútbol 11, fútbol 7 e fútbol sala.

Desde o 19 ata o 25 de xuño celébranse os partidos de fútbol sala. Nesta categoría participan 79 equipos, sendo tamén un récord. A final xogarase no pavillón de Travesas. A competición de fútbol 7 e fútbol 11 desenvolverase entre o 26 de xuño e o 2 de xullo. Inscribíronse 221 equipos, marcando así tamén outro récord. As finais xogaranse nos campos de Samil e Bouzas.

Abel Caballero informou que a maioría dos equipos son de Vigo, aínda que tamén participan algúns da área metropolitana e a xa habitual desde 2018 representación de Dubai, o Fursan Hispania.

O rexedor deu conta de que a Vigo Cup 2023 é un dos eventos máis importantes de toda Galicia que conta coas tres modalidades de fútbol.

Descargar todas as imaxes