Escoitar

Caballero traslada o “apoio incondicional do Concello” ao Salón do Automóbil de Vigo

O alcalde mantivo este luns un encontro coa organización do evento que lle trasladou as dificultades económicas coas que se están atopando para a continuidade da feira.

luns, 16 xan 2023
O alcalde e a organización do Salón do Automóbil de Vigo
O alcalde e a organización do Salón do Automóbil de Vigo

Ante esa situación, o rexedor garantiu o “apoio incondicional do Concello. Non imos permitir que peche. Estamos na teoría contraria: precisamos feiras, congresos e sobre todo o Salón do Automóbil que é a imaxe de marca máis importante da cidade despois do Nadal. O automóbil é Vigo e Vigo é automóbil”.

Caballero puxo en valor o traballo desenvolvido polo Salón do Automóbil de Vigo ao longo da súa historia e considera que o evento serve para que Vigo e a súa industria sexan “máis visibles. Queremos que se manteña na cidade polo que lles garantimos o apoio económico. Cremos que é unha magnífica inversión”, dedicar fondos da cidade a “potenciar e fortalecer” esta cita.

No encontro celebrado este luns no Concello participaron o presidente do comité organizador, José Manuel Fernández Alvariño; o director do Salón, José Enrique Elvira; Jose María Rodrigo, do Grupo Celtamotor; Carlos Miranda de Stellantis; José Fiel, representante de Pérez Rumbao e Andrés Vázquez Noguerol De Eventos Motor.

O alcalde e a organización do Salón do Automóbil de Vigo
Descargar todas as imaxes