Escoitar

O Concello inicia as obras de musealización da fortaleza de O Castro

Abel Caballero e Carmela Silva puxeron a simbólica primeira pedra para a recuperación das galerías de O Castro e a súa musealización. A obra supón un investimento de 1.100.000 euros.

luns, 16 xan 2023

A fortaleza de O Castro segue a súa recuperación co proxecto de musealización que reabrirá os túneles e recreará a batalla naval de 1719. O alcalde a a tenente de alcalde, Carmela Silva, achegáronse ao inicio das obras da recuperación da fortaleza co obxectivo “de recuperar a historia”.

A obra supón un investimento de 1.100.000 euros dos fondos do Goberno de España, concretamente do Ministerio de Industria Comercio e Turismo, que asignou a Vigo pola súa capacidade turística. Caballero cualificou a obra de “moi importante” e agradeceu ao Goberno de España o financiamento para o patrimonio histórico de Vigo.

O alcalde explicou en rolda de prensa que a primeira cuestión é a recuperación do túnel duns 60 metros de lonxitude e que terá iluminación, cun ambiente do asedio de 1719 con sons e luces, e que despois estará a actuación do baluarte con pezas de aceiro.

Caballero concluíu afirmando que “isto é una gran recuperación histórica e tamén unha gran acción turística”.

Descargar todas as imaxes